1. PARTICIPANTES.
Establécense dúas categorías:
Categoría 1: Destinada a todos os fotógrafos tanto afeccionados, como profesionais que o desexen maiores de idade. As fotografías teñen que ser orixinais e non premiadas en ningún concurso anterior e cunha antigüidade non superior os dúos anos.
Categoría 2:
Destinada a todos os fotógrafos menores de idade, menos de 18 anos, que desexen participar no concurso, deben contar coa autorización expresa do seu pai/nai ou titor/a para a súa participación neste certame. Anexo1.
2. TEMÁTICA.
O título do certame é fotografía turística de Redondela. Cabe precisar que se poden presentar obras sobre calquera elemento do Concello que poida servir para a súa promoción (pratos e productos gastronómicos, ambientes e personaxes, festas, monumentos, arte, recunchos, artesanía, paisaxes, etc.)
O obxecto deste certame é a promoción dos nosos recursos turísticos, incentivar a participación cidadá e desenvolver unha serie de actividades complementarias entorno ao turismo.
3. OBRA.
Poderán presentarse un máximo de 3 fotografías impresas e ata 7 en formato dixital por cada autor. As fotografías impresas teñen que formar parte da colección dixital. Para participar tense que presentar, como mínimo, unha fotografía impresa e o seu correspondente arquivo nun CD ou DVD.
Na categoría de menos de 18 anos deberán presentar a colección en CD e DVD ata 7 fotografías e poderán solicitar que o Concello de Redondela imprima ata 3 fotografías da súa colección completando o anexo destinado a tal efecto que acompaña as bases e que deberá acompañar o CD ou DVD no momento de entrega das fotografías.
As fotografías impresas deberán ser presentadas sobre un soporte ríxido (cartón-pluma ou paspartú, que en todo caso non sobrepasará os 5 cm. de longo en todos os seus lados con respecto á fotografía), nun tamaño estándar de 45x30 cm., tanto en formato vertical como horizontal. Se ben, permítese a presentación de formatos máis apaisados cun mínimo de 20x60 e un máximo de 35x100.
As fotografías en formato dixital deben presentarse nun CD ou DVD.
Cada arquivo ten que cumprir as seguintes características técnicas:
Categoría 1.
Arquivo JPEG. Tamaño: 2 mb. mínimo. / Resolución 300 ppp. mínimo.
Arquivo TIFF. Tamaño: 10 mb. mínimo. / Resolución 300 ppp. mínimo.
Non establécese límite máximo para o tamaño do arquivo.
Categoría 2. Menores de 18 anos.
Arquivo JPEG. Tamaño: 2 mb. mínimo. / Resolución 96 ppp. mínimo.
Arquivo TIFF. Tamaño: 8 mb. mínimo. /Resolución 96 ppp. mínimo.
Non se establece límite máximo para o tamaño do arquivo.
As obras presentadas, permitirán debido á súa natureza dixital, o retoque das fotografías, sempre que sexa a aplicación de filtros globais que melloren a súa calidade.
4. PRESENTACIÓN.
O prazo de presentación será a partir do 9 de abril do 2007 ata o 24 de agosto do 2007. A entrega deberase realizar na Oficina de Turismo do concello de Redondela, á atención da concellería de Turismo, indicando I concurso de Fotografía Dixital Turística do Concello de Redondela, ou ben, enviar por correo ao enderezo: Rúa Alfonso XII, nº 2 - 36800 - Redondela, (Pontevedra) ESPAÑA, á atención da concellería de Turismo. Os gastos do envío correrán a cargo do participante.
O formato dixital (CD OU DVD) e as imaxes impresas deberán ir identificados por un pseudónimo e co nome correspondente á obra.
A obra ten que ir acompañada dun sobre pechado identificado por fóra co pseudónimo da obra. Dentro nun folio incluíranse os seguintes datos obrigatorios:
_Nome e apelidos do/a concursante.
_Pseudónimo.
_NIF.
_Dirección de correo postal.
_Enderezo de correo electrónico.
_Teléfono de contacto.
_Modelo de cámara utilizada, e características técnicas da fotografía (para a categoría 1).
_Título da obra. Se se desexa pódese facer unha breve reseña da obra presentada.
_Lugar no que se realizou a fotografía.
A Concellería de Turismo poñerá o máximo coidado no tratamento e manexo das obras, pero non se responzabilizará nin responderá de perdas, accidentes, deterioros, roubos ou calquera tipo de daños que puidese sufrir a obra durante o seu traslado, transporte, tempo de estancia, manipulación, exposición e devolución da mesma.
En todo caso os/as autores/as, se así o consideran oportuno, poderán establecer seguros particulares sobre as súas obras, debendo comunicar á mencionada concellería a súa existencia e nas condicións que dos mesmos se deriven. A Concellería de Turismo declina calquera responsabilidade sobre estes seguros.
5. PREMIOS.
Os premios constarán de:
· Primeiro premio de 500 euros á fotografía gañadora, que designará o xurado e diploma.
· Segundo premio, designado polo xurado, consistente nun diploma e en dúas noites para dúas persoas en réxime de aloxamento nun establecemento do Concello de Redondela. Os períodos para gozar este premio serán:
Do 10 de xaneiro de 2008 a 31 de marzo de 2008.
Do 1 de outubro de 2008 ao 30 de novembro de 2008.
· Accésit de 300 euros á fotografía que reciba mellor valoración na exposición que se realizará coas distintas obras e diploma.
· Accésit de 300 euros á mellor compilación de fotografías en CD ou DVD e diploma.
· Accésit, cámara dixital compacta + MP4 á gañador na categoría xuvenil de menos de 18 anos e diploma.
· Accésit, cámara dixital compacta e mp4 á gañador/a da mellor serie de fotografías en soporte dixital (CD ou DVD), (segundo criterio do xurado) na categoría xuvenil de menos de 18 anos e diploma.
· O xurado designará dúas mencións especiais, tanto na categoría de foto única, como na de compilación dixital das que se fará entrega dun diploma conmemorativo.
Ningún concursante pode recibir dúos ou máis premios dos designados polo xurado. Si poderán recibir o premio do público, se as votacións dano como gañador.
6. DEREITOS.
O concello de Redondela se reserva todos os dereitos sobre as obras premiadas no concurso, que pasarán á propiedade exclusiva da entidade, citando sempre que sexa posible o autor e o premio.
Os participantes poderán reclamar as fotografías non premiadas no prazo de 1 mes, despois de saír o fallo do xurado. As reclamacións faranse á Oficina de Turismo ou no Concello de Redondela á atención da concellería de Turismo.
Se no prazo dun mes, o concello de Redondela non recibe a reclamación das obras, quedarase as fotografías en propiedade.
7. EXPOSICIÓN.
Unha vez recibidos os traballos e fallado o premio principal procederase a expoñer a totalidade das obras entre os meses de setembro e outubro do 2007, nun dos edificios públicos do concello.
A entrega de premios realizarase na clausura da exposición, notificando persoalmente e con anterioridade o concello aos premiados. En todo caso, os premios en metálico aboáranse ingresando a cantidade correspondente a cada un deles na conta que o gañador ou gañadora facilite ao Concello de Redondela.
8. XURADO.
O xurado será designado pola Concellería de Turismo do concello de Redondela e dado a coñecer a partir do 25 de agosto do 2007. O fallo do xurado será inapelable.
9. DISPOSICIÓN DERRADEIRA.
Todos/as os/as participantes, polo feito de selo, ben por se mesmos/as ou a través de autorización no caso dos/as menores, aceptan integramente as presentes bases, así como a resolución da organización en calquera problema non recollido nas mesmas.

|