EXPOSICIÓN DE fotografía
O fotógrafo mostra a vida dos nenos saharauís en Tinduf - Pelu Vidal
Ata o vindeiro 18 de xaneiro
Dous nenos saharauís son os protagonistas das imaxes que o fotógrafo Pelu Vidal mostra ata o vindeiro 18 de xaneiro na Casa da Torre de Redondela dentro dun proxecto promovido pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO). Unha recompilación das imaxes tomadas polo fotógrafo redondelán ao longo de dous meses de convivencia con dous nenos que forman parte do programa Vacacións en Paz, retratan os contrastes cos que se enfrontan os cativos que anualmente participan deste programa
|