Inicio | Mapa Web | Buzón de Suxerencias galego<vacío>castellano

Martes 07 de Febreiro do 2012


XXI Festa do Choco

12 e 13 de Maio do 2007

Festa do Choco

Para chocos, os nosos


Xa van aló moitos anos desque a Xunta de Galicia. co ánimo de estimula-lo consumo dos nosos productos, acuñou a denominación "Galicia Calidade". Con el quíxose reforzar a riqueza que producían as nosas terras e rías. Foi unha intención que quedou a medio camiño. Debeuse profundizar máis na identificación antre estes productos e o terntorio, coma unha marca de orixe nun mercado cada vez máis globalizado. E, pois, unha tarefa pendente que o Goberno galego debe abordar canto antes.

Alguén con conecementos do sector pesqueiro pediu unha acreditación especial para o choco. 0 pedimento é xusto e atinado, porque incidiría positivamente na economía dos mariscadores e mariñeiros que con tanto esforzo e mimo cutivan a enseada de San Simon.

0 choco de Redondela ven sendo o que o butelo a Fonsagrada, as patacas á Limia e a Vimianzo, os pementos a Herbón ou o xamón á Cañiza. En todos estes concellos a economía ten algúns dos seus piares na explotacion dos seus productos autoctonos. E en todos eles, ademáis, organizan festas gastronómicas de promoción deses manxares. Nós, tamén.

De vello ós nosos chocos tiveron sona e houbo afamados cociñeiros e cocineiras -quero ter unha lembranza especial para Ceferina de Casa Paco- que souberon preparar con especial coidado estes entintados cefalópodos. Do seu sabor deron boa conta as plumas de coñecidos escritores que foron os que se encargaron de divulgar polo mundo o interese por estes gorentosos pratos. Foron tempo de creatividade culinaria a partir de elementais receitas. Así foi como Redondela. máis aló doutros indicadores identitarios -os viaductos, o nó de comunicación ferroviano, a illa de San Simon…-onseguiu ser coñecida pola súa gastronomía e, nomeadamente, polos chocos. Para chocos, Redondela, di o refraneiro. Abofe que si.

Nos tempos que andamos a competitividade en tódolos sectores da economía obríganos a estarmos atentos as innovacións que esixe o mercado e a facer agradable a oferta conseguir que este "animaliño" da nosa ría siga a suscitar o interese dos amigos da boa mesa.

Xaime Rei Barreiro
Alcalde do Concello de Redondela





Arriba