|
A festa dos Fachos naceu hai dez anos coa intención de crear unha festa que dea a benvida o verán utilizando elementos tradicionais como os fachos, a música celta é a queimada para espantar a meigas, demos e malos augurios.
O marco da Peneda está considerado como unión entre os Concello de Redondela e Soutomaior e constitúe unha paraxe única visible dende case tódolos puntos dos dous concellos e que posúe unha forte carga histórica dende os tempos mais remotos (Castro da Peneda), con gran importancia na idade media, era a coñecida como fortaleza de Castrizán, que xogou un papel fundamental nas revoltas irmandiñas e nos conflictos nobiliarios. Posteriormente foi cristianizada e o seu cumio está coroado por unha ermida.
A Festa dos Fachos ten un marcado compoñente reivindicativo dende as primeiras edicións, a organización quere chamar a atención sobre os coidados que debe recibir a montaña de forma cónica, ademais de facer un chamamento a unión dos dous concellos na súa conservación, mostrando gran interese polas especies autóctonas.
O compoñente reivindicativo está acompañado do caracter pagán e enxebre da festa, que é herdeira de antigos rituais que se celebraban na Peneda para espantar os males de ollo e as meigas. O colectivo Alén Nós foi o primeiro apostar por esta celebración que edición a edición medra cada día máis e que xa conta cunhas previsións de 2.000 asistentes portadores de fachos, que garantiran a espectacularidade da celebración.
|