|
Curiosa montaña con forma cónica, que posúe restos da cultura castrexa, o coñecido como Castro da Peneda, do que actualmente se conserban as súas murallas exteriores. Na Idade Media pertenceu ao señorío de Soutomaior, liderado polo lexendario Pedro Madruga. Nesta etapa construíronse diversos castelos no seu cumio, ata que as loitas entre a Igrexa e os señores feudais rematou coa queima do último castelo que presidiu A Peneda.
No século XVIII sufriu un proceso de cristianización e construiuse a actual Hermida da Peneda, que é a que hoxe en día preside o magnífico mirador que posúe este monte que se levanta aos 329 metros de altitude sobre o nivel do mar. Dende o seu cumio pódense divisar toda a ría de Vigo, ata as illas Cíes nun día despexado. Tamén se contempla a vila de Redondela e a desembocadura e o val dos ríos Verdugo e Oitavén, así como, o castelo de Soutomaior.
|