Forma parte da Rede Natura 2000 e inclúese na Rexión Bioclimática Atlántica. Trátase da punta da Ria de Vigo, dende o estreito de Rande ata a desembocadura do Rió Oitavén no concello de Soutomaior. Esta zoa está presidida pola illa de San Simón, que é un lugar máxico do concello. A enseada conta coas praia de Cesantes dentro do Concello de Redondela que é un areal de gran lonxitude, destacando a zona coñecida como punta da praia, que conta ademais cun paseo marítimo apto para as actividades lúdicas e recreativas.
A enseada de San Simón ten unhas características peculiares que favorecen a práctica dos deportes naúticos e de vela. Destacando a práctica de Wind-surf e a iniciación á vela lixeira, xa que se encontra rodeada de terra o que favorece a aparición de brisas aptas para estas actividades, mentres se mantén o mar en calma gracias a que se trata dunha zona refuxiada.
As carácterísticas especiais da zona permiten a explotación pesqueira e marisqueira da zona, na primeira actividade sobresae o Choco, cefalópodo característico da zoa e que posúe unha festa de exaltación en Redondela, a festa do Choco no mes de maio.