Inicio | Mapa Web | Buzón de Suxerencias galego<vacío>castellano

Xoves 09 de Setembro do 2010


A Ponte de Rande

Herdeiro de Batallas
A ponte de Rande é unha ponte atirantado que une as marxes do Estreito de Rande, na Ría de Vigo. Foi proxectado polo enxeñeiro italiano Fabrizio de Miranda, o español Florencio do Pozo (que tamén se encargou da cimentación) e por Alfredo Passaro. A ponte foi construído en 1978. Forma parte da Autoestrada do Atlántico e ata o 2006 foi de peaxe.

Heredou o seu nome da batalla que alí tuvo lugar fai xa máis de 300 anos.

A Batalla de Rande


Albergue de Peregrinos
A flota inglesa e francoespañola batéronse nesta batalla
Fai mais de trescentos anos a Flota de Indias chegaba a ría de Vigo cun dos maiores tesouros de toda a historia. Antes desto a flota anglo-holandesa pretendeu atacala durante a súa ruta. A Flota de Indias que partira de A Habana dirixiase a Cádiz, pero o recibir a noticia de que estaba a ser atacada desvíase cara a Vigo

Mentres os ingleses dirixidos por George Rooke atacan sen éxito Cádiz a flota española comeza a desembarcar o seu cargamento en Baiona (2 de outubro de 1702).

O 17 de outubro o Capitán Hardy a bordo do Pembroke que coñece a localización da flota franco-española a través da información recollida polo seu Capelán, informa a Rooke que navegaba pola costa portuguesa de retirada tralo fracaso en Cádiz.

O 18 de outubro convócase un consello de guerra no buque insginia Royal Sovering no que se decide dirixir a escuadra cara a ría.

O 21 de outubro, o Marqués de Châteaurenault, que tiña ao seu cargo a custodia da flota española, decide refuxarse no fondo da ría, dispoñendo as súas naves paa a defensa dos galeóns españois.

O 22 de outubro a escuadra anglo-holandesa entra na ria e fondea pola tarde baixo o incesante bombardeo do Forte de Vigo.

O día seguinte, o 23 de outubro, o Duque de Ormond desembarca en Teis con 2.000 homes, e Churchill o fai o mesmo en Domaio co obxectivo de atacar e paralizar o bombardeo dos fortes de Corbeiro e Rande. Silenciados os canóns comeza o ataque por mar. Hopson encárgase de abordala barreira flotante disposta no estreito. O Marqués de Châteaurenault resiste o máximo e cando está todo perdido ordea incendiar os seus propios barcos para evitar que caian nas máns do inimigo. Namentres o Príncipe de Barbanzón, Gaspar Antonio de Zúñiga, Capitán Xeral de Galicia ordea poñer a salvo o pouco que quedaba por descargar do quinto real, transportándose ata Lugo e dende alí a Segovia.





Arriba