Os viaductos están considerados como bens de intérese cultural.
A vila de Redondela está presidida por dous viaductos do S.XIX que están considerados como BIC (bens de intérese cultural). Son o viaducto de Madrid, que actualmente se encontra en desuso e o viaducto de Pontevedra, que aínda hoxe continúa operativo e circula por el o transporte ferroviario. Debido a estas dúas infraestructuras Redondela é coñecida como a "Vila dos viaductos".
O máis antigo é o Viaducto de Madrid, construído seguindo o modelo de Eiffel, en Redondela combínouse coa técnica da cantería tradicional para facer os pilares de Pedra. Esta ponte entrou en funcionamento o 30 de xuño de 1876, sendo parte da liña Vigo-Ourense. Este viaducto soportou o paso dos trens durante máis dun século, sen embargo a Compañía de Ferrocarrís nunca aprobou as obras. Isto provocuo o suicidio dun dos seus mentores polo restraso dos pagos, tirándose dende o alto de este viaducto. É o de máis lonxitude cun total de 411 metros.
O Viaducto de Pontevedra, inagúrase o 30 de xuño de 1884, nace da necesidade de comunicar a liña Ourense-Vigo con Pontevedra. O seu tramo principal está conformado por vans metálicos e utilízase a cantería granítica para os tramos de acceso. Na actualidade aínda está en servicio e pasan por el os trens da liña Vigo-Pontevedra.