Pertencente á mancomunidade de Vigo, este conceito pontevedrés localízase no suroeste da provincia, na parte máis interior da ría de Vigo. 0 seu territorio acolle a preto de 30.000 habitantes nunha extensión de 51,9 quilómetros cadrados. 0 seu lindeiro polo oeste é a Ría de Vigo; polo sur o municipio de Vigo; ao leste os de Mos e Pozos de Borbén e polo norte os municipios de Soutomaior e Pozos de Borbén.
Redondela, non é somentes unha vila senón un concello composto por 14 enriquecedoras parroquias, cada unha delas con personalidade propia, unhas, mirando cara o mar outras cara ó campo e outras quitáis xa oráis urbanas: Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Chapea, Negros, Quinteto, Reboreda, Redondeia, Saxamonde, Trasmañó, Ventosela. Vilar de Infesta, Vilavella e o Viso.
Este conxunto de contraposicións identificará a Redondela no seu conxunto e seducirá a calquera visitante, encontrando na súa visita a Redondela praias e mar, rutas de sendeirismo; paisaxes, gastronomía, arquitectura civil e relixiosa, turismo rural. Redondela pode identificarse por varios símbolos de importancia: os viaductos, que identifican a vila, a coca, o choco, que da nome ós habitantes, e a enseada de S. Simón.
A rede fluvial do concello está formada por varios regueiros (Fondón, Cabeiro...) e por un par de canles de maior importancia: o Maceiras e o Alvedosa, que envorcan as súas augas directamente no mar.
A súa proximidade ao mar fa¡ que as temperaturas sexan moi suaves e se encadren entre os 10 e os 20 graos. Redondela sitúase a 14 Km de Vigo, a 20 Km de Pontevedra, a 79 Km de Santiago, a 139 Km de A Coruña, a 99 Km de Ourense, a 172 Km de Lugo e a 30 Km de Portugal.
O camiño de ferro foi dende antigo unha infraestrutura de grande incidencia no termo municipal, a punto de servir os viadutos que atravesan a vila. Como símbolos da súa identificaciõn. Son dúas líñas as que atravesan o termo: a de Ourense, que ven do interior, e a de Pontevedra, que discorre ó longo da costa. É importante destacar tarnén a proximidade do aeroporto de Peinador (pertencente a Vigo), que se sitúa a dez quilómetros.