Archipiélago de San Simón
Conxunto formado por 4 illas: San Bartolomé, San Antonio, San Simón e San Norberto, as máis relevantes son San Antonio e San Simón. Dende o sXII até o XIX, foi utilizada por diversas ordes relixiosas sufrindo múltiples incursións navais. Dende 1883 até 1927 funciona como Lazareto. En 1936 foi convertido en prisión para republicanos, pasando máis de 4000 presos políticos. En 1948 as illas destínanse a albergue da Garda de Franco, finando en 1950 nun naufraxio 43 persoas. De 1955 a 1963 é reconvertido a orfanato para fillos de mariñeiros. Na década dos noventa produciuse a restauración de todo a contorna. A illa está declarada Conxunto Histórico e Lugar de Interese Comunitario
Praia de Cesantes
Areal de máis de 2400m2 de lonxitude, está dotado de servizos orientados ao turismo, acceso a minusválidos, auga corrente e duchas. Conta con paseo marítimo e varios establecementos hostaleiros nas proximidades.
os Viaductos
Redondela está marcada polos seus viaducros, que a bautizan como "A vila dos Viadutos". O viaduto Pedro Floriani (viaduto Madrid) posúe 318 metros, foi inaugurado en 1876, non está en funcionamento. O viaduto de Pontevedra de 250m é de 1884. Ambolos dous viadutos están catalogados como Bens de interese cultural.
Monte da Peneda
Situado na Parroquia de O Viso no límite con Soutomaior, a 329 metros de altitude, posúe vistas á Ría de Vigo, dende as Illas Cíes até a Praia de Cesantes. Está coroado por unha capela en honra á Virxe da Peneda. Foi un castro e fortaleza medieval.
Arealonga
Praia de Chapela cun gran paseo marítimo, que discorre até o peirao de Cardona. Posúe diversos servizos turísticos, como bares, marisquerías, pantalán de recreo e parque infantil.
Mámoa do rei
No Monte Penide atopamos restos prehistóricos pertencentes ao Neolítico que abarca as parroquias de Cabeiro, Negros, Cedeira e Trasmañó. Existen máis de 60 dólmenes no que representa unha das necrópoles máis importantes de Galicia. Destaca, pola súa conservación a "Mámoa do Rei"
Castro de negros
Área de descanso, desde onde se poden gozar dunhas fermosas vistas. Xunto con "A peneda", son os dous únicos castros que se conservan en Redondela
Poza da lagoa
Área recreativa e merendero, poboado de carballos e castaños, a poucos metros localízanse varios grupos de importantes petróglifos
Igrexa de santiago Apóstol
Datada inicialmente no Século XII, a edificación actual é do Século XV, aínda que sufrión varias ampliacións e reformas. Distínguense 5 capelas no seu interior.
Petroglifos de ventosela
Conxunto de gravados rupestres en Pedreira, Vilar de mato, na parroquia de San martiño de Ventosela
  Reboreda.
Carballo das cen polas.
Moliños e Cascada
En Reboreda consérvanse o "Carballo dás Cen polas", árbore centenaria que, secou hai algúns anos aínda que no seu prado consérvanse árbores autoctonos. A parroquia de Reboreda está marcada polo paso do río Alvedosa. Por esta motivo conta con 19 muíños, dos que algún deles foi reconvertido en establecemento de hostalaría. En Reboreda tamén existe unha fervenza de difícil acceso.

|